ASAMBLEA XERAL COOPERATIVA A CARQUEIXA

A Sociedade Cooperativa A Carqueixa celebrou o dia 25 de maio de 2008 a sua asamblea anual. Nesta asamblea trataronse as contas anuais, escolleronse novos membros da xunta rectora e falouse das entidades de aconsellamento e mais dos aspectos de comercialización do vacún, actividade principal da cooperativa.

A asamblea tivo lugar na casa rectoral de San Román de Cervantes, e a ela asistiron os socios. Tanto para falar das entidades de aconsellamento como da situación actual da comercialización do vacún de carne, asistiron técnicos do CDR Ancares e de Artesáns Gandeiros.

Ao finalizar a asamblea os socios tiveron un xantar de confraternización no polideportivo de San Román de Cervantes, que rematou ben entrada a tarde.

http://acarqueixa.blogspot.es/img/asamblea.jpg 

Sandra López, xerente da cooperativa no momento de repaso das contas anuais.

http://acarqueixa.blogspot.es/img/asamblea2.jpg 

Antonio Figueroa, técnico do CDR Ancares no momento da sua ponencia sobre as entidades de xestión e aconsellamento.

http://acarqueixa.blogspot.es/img/asamblea3.jpg 

Asistentes a comida no polideportivo de San Román de Cervantes.

 

Comentarios

Aún no hay comentarios.

Añadir un Comentario:



Inserta aquí el código de verificación que ves en la imagen.

Acerca de acarqueixa

Este es el sistema de noticias de la web de Acerca de acarqueixa.

COMERCIALIZACIÓN DE VACÚN DE CARNE

Archivo

Suscríbete

RSS | Atom

Contacto

Contactar

Albergado en:blogspot.es Un servicio de HispaVista